MIGUEL GIADÁS QUINTELA


Profesor Axudante Doutor na área de Filoloxía Latina na USC dende setembro de 2025. Cursou o Grao en Filoloxía Clásica (2012-2016) e o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas (2016-2017) na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse nesta mesma universidade no ano 2023 coa tese titulada “As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV): estudo e edición” dentro do Programa de doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia. Desenvolve o seu labor investigador dentro do campo da historiografía baixo medieval hispana escrita en lingua latina e, especialmente, arredor da obra Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa e o seu estudo de fontes. Ten participado en numerosos congresos internacionais de renome e publicado en revistas de alto prestixio como, por exemplo, Revista de Poética Medieval, Myrtia ou Cuadernos de Filología Clásica: Estudios Latinos. Así mesmo, é o tradutor do primeiro volume da colección Kátaba. Estudos Medievais que leva por título “O Rei Sabio: Un príncipe cristián, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento” de autoría do profesor Simon R. Doubleday. Realizou dúas estadías de investigación, a primeira na École Normale Supérieure de Lyon, baixo a supervisión do profesor Carlos Heusch (marzo-maio 2019), e a segunda no Department of Classics da Columbia University, baixo a supervisión de Carmela Vircillo Franklin (outubro 2024-agosto 2025).


Portal investigación USC:
https://investigacion.usc.gal/investigadores/1219620/detalle

Grupo de investigación ao que pertence: IHUS

Profesor Axudante Doutor en Filoloxía Latina, Síncrisis, iHUS

Publicaciones

Congresos

VIII Congreso Nacional Ganimedes

Celebrado na Facultade de Filoloxía da USC (Santiago de Compostela). 03/03/2020 – 06/03/2020. Organización: Miguel Giadás Quintela.

Mostrar En Congresos: 1

Proyectos

El legado historiográfico de Alfonso X (II): fuentes, influencias y lecturas.

Universidad de Salamanca, Salamanca, Castilla y León, España. IP: Francisco Bautista Pérez. Fecha de inicio-fin: 01/09/2022 – 31/08/2025. Cuantía total: 53.724 €. Enlace páxina web proxecto:https://iemyrhd.usal.es/?proyecto=el-legado-historiografico-de-alfonso-x-ii-fuentes-influencias-y-lecturas-lehial-ii