Doutora en Estudos Medievais pola Universidade de Santiago de Compostela (2017), onde tamén cursou o máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos. Na actualidade é profesora axudante doutora na área de Historia Medieval do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade foi profesora axudante doutora no Departamento de Historia Antigua y Medieval da Universidad de Valladolid (curso 2022-2023).
A súa tese de doutoramento centrouse no estudo do territorio do noroccidente peninsular, principalmente o galego, durante os séculos centrais da Idade Media. Continuou con esta liña de investigación na súa etapa posdoutoral, na que foi beneficiaria entre outubro de 2018 e agosto de 2022 dunha axuda da Xunta de Galicia (plan I2C) que lle posibilitou realizar estancias de longa duración como investigadora visitante no Institute for Medieval Studies (Austrian Academy of Sciences, Austria) baixo supervisión do Dr. Mihailo Popović, e na School of History and Cultures da University of Birmingham (Reino Unido), baixo supervisión da Dr. Katherine Sykes. Durante esta etapa continuou formándose en cuestións relacionadas coas Humanidades Dixitais, principalmente en aspectos vinculados coa cartografía e as bases de datos. Ademais, estivo contratada como investigadora asociada con cargo ao proxecto “O Papado e as súas relacións coa sociedade e os reinos da Península Ibérica (ss. VIII-XIII): protagonistas, tipos de contactos, problemas e consecuencias integradoras (I)-RETOS 2015” (2018).
É membro do grupo de investigación “Síncrisis, Investigación en Formas Culturais” da Universidade de Santiago de Compostela, e colaboradora externa do grupo de investigación “León y Castilla en la Alta y Plena Edad Media”, da Universidad de Valladolid. Forma parte do grupo de investigación do proxecto CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae), do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades, responsable da base de datos homónima (https://corpus.cirp.gal/codolga/) e do recurso FONTEGAM (Fontes Textuais da Galicia Medieval) en colaboración co CGPA (Corpus Galego-Portugués Antigo) (https://corpus.cirp.gal/fontegam/).
Ademais, forma parte do grupo de traballo do proxecto “Castillae Metrum: Cartografía Dixital dos sistemas metrolóxicos na Castela Moderna” (Ref. PID-2020-118939GA-I00, IP Rubén Castro Redondo) (https://castillaemetrum.unican.es/).
Enlace ao portal de investigación: https://investigacion.usc.gal/investigadores/58387/detalle
MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO
Publicaciones
«Presares: comitatum, commisso, territorio? Dimensión documental e espacial dun topónimo abandonado»
Cuadernos de estudios gallegos, tomo 66, nº 132, pp. 77-105.
1988-8333.
Con Ibáñez Beltrán, L. M., «Una cartografía para los once condados de la diócesis de Lugo. Hacia una nueva aproximación al Parrochiale Suevum»
«Una cartografía para los once condados de la diócesis de Lugo. Hacia una nueva aproximación al Parrochiale Suevum»
Vínculos de Historia, nº 9, pp. 181-201.
2254-6901.
«Alfonso X e a organización do espazo galego: o final dos tenentes?»
Afonso X e Galicia.
978-84-453-5390-5
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
«Raíñas e infantas»
https://dx.doi.org/10.15304/op.2024.1724
978-84-19679-59-8
Universidade de Santiago de Compostela, Edicións USC, pp. 3-33.
Elaboración de fichas para: Marcenaro, Simone, González Martínez, Déborah (2024), Glossario onomastico e prosopografico della lirica galego-portoghese, Roma: L’Erma di Bretschneider
10.48255/9788891322647
9788891322616
L’Erma di Bretschneider.
«Terras, condados, territorios: recompoñendo un crebacabezas»
«Regnum totius Gallaeciae» O Reino medieval de Galicia
978-84-9812-416-3.
Deputación da Coruña pp. 177-199. Dispoñible para descarga libre en https://www.dacoruna.gal/files/9917/2008/4191/Regnum-totius-Gallaeciae_WEB.pdf
Tesis
Caminos medievales. Entre el sur de Galicia y el norte de Portugal (1220 a 1311)
Ruben Filipe Teixeira da Conceição
Caminos medievales. Entre el sur de Galicia y el norte de Portugal (1220 a 1311).
Universidade de Santiago de Compostela; Universidade do Porto.
Mariña Bermúdez Beloso (directora); Luis Carlos Amaral (director); João Carlos Garcia (codirector).
Tesis en régimen de cotutela con la Universidade do Porto.
Proyectos
«Patrimonio textual na Galicia Medieval: Prosa documental e literaria (2021- CP037)»
Universidade de Santiago de Compostela.Investigador Principal: Eduardo Miguel Moscoso Mato.Consellería de Cultura, Educación e Universidade.Fecha de inicio e fin: 30/03/2021 – 30/11/2024. Cuantía total: 108.959,04 €.
«Acción 1.1.3. Proxecto Corpus Documentale Latinum Gallaeciae – CODOLGA. Centro Ramón Piñeiro 2022-25 (2022-CP011)»
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Consellería de Cultura, Ordenación e Universidade.Fecha de inicio y fin: 25/01/2022-31/12/2025. Cuantía total: 47.840,00 €. Investigador Principal: José Carracedo Fraga. Enlace a la web del proyecto: http://cirp.gal/codolga/
«Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa». Subproyecto 2 del proyecto coordinado «Los trobadores y la canción de mujer: voces y figuras femeninas, representaciones mentales y cambio social» (Referencia: PID2019-108910GB-C22)
Universidade de Santiago de Compostela.Ministerio de Economía y Competitividad. Plan Nacional. Fecha de inicio y fin: 01/06/2020 – 31/05/2024. Cuantía total: 25.410,00€. Investigadora Principal: Esther Corral Díaz.Enlace a la web del proyecto: https://womenandmedievalsong.ub.edu/gl
«‘Castillae Metrum’: Cartografía Digital de los sistemas metrológicos en la Castilla Moderna» (Referencia: PID-2020-118939GA-I00)
Universidade de Santiago de Compostela (con anterioridad en la Universidad de Cantabria).Ministerio de Ciencia e Innovación. Programas Estatales de Generación de Conocimiento y Fortalecimiento Científico y Tecnológico del Sistema de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad, del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica de Innovación 2017-2020. Fecha de inicio y fin: 01/09/2021 ... <a title="MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO" class="read-more" href="https://www.gruposincrisis.com/nosotros/marina-bermudez-beloso/" aria-label="Leer más sobre MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO">Leer más</a>