Graduada en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestrado en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Obtivo unha bolsa de iniciación á investigación na que traballou sobre a historia da Orde Franciscana en Galicia e o seu uso do coñecemento científico. Agora é doutoranda na mesma universidade, onde obtivo un contrato predoutoral da Xunta de Galicia coa supervisión da profesora Helena Rosa de Carlos Villamarín. Na súa tese, baixo o título de La producción científica latina de la Galicia del siglo XIII: un referente peninsular y europeo, analiza o papel dalgúns grupos de franciscanos e dominicos no estudo e transmisión do coñecemento científico en latín na Galiza e no resto da Península Ibérica do século XIII, centrándose principalmente no territorio de Santiago de Compostela. Participou en diferentes congresos e seminarios nacionais e internacionais e realizou recentemente unha estadía de tres meses na sede da Società Internazionale per lo Studio del Medioevo Latino (SISMEL) en Florencia, Italia. No ano 2024 é vicepresidenta da Asociación Nacional Ganimedes de Investigadores Noveles en Filología Clásica e secretaria da SEEC Galicia.
Publicaciones
O saber na Galiza medieval e o seu estudo durante o último século: unha aproximación transversal. En As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, editado por Alejandra Ulla Lorenzo
Revista Indizada:
Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2023
Congresos
O Camiño do Medievalista
días 3, 4 e 5 de abril de 2024 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.