Miguel Giadás Quintela

s200_miguel.giad_s_quintela.jpg
PROYECTO DE TESIS
As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa: edición e estudo.
Dirección de tesis doctoral: Helena de Carlos Villamarín.

Esta tese doutoral ten como finalidade a edición do manuscrito P.I.4 da Biblioteca de El Escorial, que contén as Cronice ab origine mundi de Gonzalo Hinojosa, bispo de Burgos no século XIV, tratándose do único exemplar que contén dita obra. Para isto, realizarase a transcrición e a edición de dito texto, xa que actualmente aínda non se desenvolveu esta tarefa, exceptuando certos fragmentos que foron editados en recentes traballos; o estudo da figura de Hinojosa, nomeadamente en relación coa historiografía medieval hispana; e o estudo sobre as fontes empregadas polo autor para a creación da súa obra.

Así pois, a elaboración desta edición permitirá, primeira e nomeadamente, facilitar o acceso a esta obra, ao mesmo tempo que favorecerá un mellor coñecemento da historiografía medieval hispana, mediante a observación e a análise sobre as influencias que Gonzalo e os seus predecesores, entre eles Afonso X ou Lucas de Tui, posúen nas súas respectivas traxectorias en relación con este campo.

Neste sentido, o estudo sobre as Cronice e sobre Hinojosa contribuirán ao enriquecemento dos estudos historiográficos medievais, ao mesmo tempo que asentará uns sólidos alicerces para estudos posteriores sobre o propio autor e a súa obra​.

ORCID ID: https://orcid.org/0000-0003-2748-7923