Rebeca Blanco Rotea

Investigadora Postdoctoral de la USC

rebeca.blanco.rotea@usc.es

Rebeca Blanco Rotea é investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia, adscrita ao Grupo de Investigación Síncrisis, e actualmente desenvolve o seu traballo na Unidade de Arqueologia da Universidade de Minho (Portugal).

É licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco. Entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 29 de xuño de 2016 foi Investigadora, primero contratada e logo Asociada no Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela, con cargo ao proxecto "Early Medieval Churches: History, Archaeology and Heritage" (EMCHAHE), Marie Curie CIG, dirixido por José Carlos Sánchez-Pardo. Así mesmo, é Investigadora Colaboradora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), onde traballou dende o ano 2002 ata o 15 de outubro de 2013. No Incipit foi responsable da especialidade en Arqueoloxía da Arquitectura, desenvolvendo labores de coordinación e dirección en traballos de arquitectura histórica.

A súa actividade investigadora céntrase no estudo das construccións históricas dende unha perspectiva arqueolóxica, aplicando e desenvolvendo metodoloxías de análise propias da arqueoloxía ao estudo da arquitectura, tanto fortificada como eclesiástica ou etnográfica, en concreto é especialista en Arqueoloxía da Arquitectura e Arqueoloxía da Paisaxe. Esta investigación focalízase en dous períodos, a Alta Idade Media e a Idade Moderna, na que centrou a súa tese doutoral titulada: “Arquitectura y Paisaje. Fortificaciones de frontera en el sur de Galicia y norte de Portugal”, dirizida pro Agustín Azkarate Garai-Olaun, Felipe Criado-Boado e Juan M. Monterroso Montero, dentro da cal tamén desenvolveu o portal web www.fortalezas.es

Coordinou e dirixiu diversas actividades de formación e participou en diferentes másteres, cursos de postgrao e cursos de especialización en Galicia, Madrid e o País Vasco.  Participou en máis de 41 proxectos arqueolóxicos, tanto de convocatoria pública, como de investigación, I+D e prestación de servizos, nacionais e internacionais, dos cuales dirixiu e desenvolveu a coordinación técnica de 21 proxectos centrados, na súa maior parte, no estudo de construcións históricas. Prestou diferentes asesorías científico-técnicas tanto a empresas de arqueoloxía e restauración como a administracións públicas.

A súa produción científica conta con 6 libros e monografías nos que participou como autora, coordinadora ou editora, 13 capítulos de libro ou 35 artigos, entre outros. 

É membro do Consello de Redacción da revista do CSIC Arqueoloxía da Arquitectura e do Consello Asesor da Revista do CSIC Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio (CAPA). É membro do plenario do Consello da Cultura Galega e coordinadora da sección de Patrimonio e Bens Culturais do propio Consello.

Academia.edu       Dialnet      Google Académico

Please reload