Rebeca Cordeiro Macenlle

rebecacordeiromacenlle@gmail.com​

PROYECTO DE TESIS

Os imperia extraordinaria na crise da República romana

Dirección de tesis doctoral: Pedro López Barja de Quiroga

Os imperia extraordinaria constitúen un dos puntos de fricción máis importantes da tardía república, na medida en que se converten no argumento principal no enfrontamento entre populares e optimates. Unha primeira parte da tese doutoral consistirá na análise do contido propiamente xurídico destes imperia extraordinaria no que se precisará o modo en que estes mandatos extraordinarios atopan encaixe constitucional. Para isto, vai ser necesario partir do concepto de imperium, empregando loxicamente as achegas de P. Catalano, pero tamén os estudos de Pina Polo sobre a figura do cónsul e de T. C. Brennan sobre a pretura. A segunda parte da tese consistirá no estudo do debate ideolóxico, no que os optimates rexeitan estes imperia ó considerar que ameazan a estabilidade da oligarquía, pois abren a porta a un réxime monárquico, mentres que os populares os defenden decididamente como indispensable para solucionar problemas urxentes que as maxistraturas tradicionais non son capaces de abordar de modo satisfactorio. Nesta parte, terase moi en conta o modo no que se invocan os precedentes da segunda guerra púnica como instrumento lexitimador. Aquí haberá que incluír como paralelo e contraste, o chamado senatus consultum ultimum. Pode dicirse que ámbolos dous instrumentos (imperia extraordinaria e SCU) constituíron os mecanismos respectivos de optimates e populares para abordar o chamado “estado de excepción”. A terceira parte incidirá especificamente no vínculo entre os imperia extraordinaria e a democracia romana, neste caso dentro do marco das formulacións de F. Millar. Trátase de determinar se se pode considerar á tardía república como un réxime democrático ou máis ben coma un “estado de excepción” schmittiano.

Academia.edu

Please reload